domingo, 10 de febrero de 2008

Aqueles que emigraban ao outro lado do mar.

Un sector da dereita española non sinte un mínimo respecto polos inmigrantes que veñen buscar un lugariño onde quecer da friaxe de guerras e fames. Considero inmoral a actitude de calquera que faga electoralismo con algo tan serio coma son os shumanos. Ademais neste caso hai unha dobre ofensa: por unha banda aos milleiros de emigrantes españois e pola outra aos estranxeiros residentes en España.
Eu sei que no Río da Prata están "alucinando" coas declaracións de certos candidatos porque esquecen que ata onte mesmo eramos nós os que íamos polos vieiros do mundo intentando atopar un abeiro. A fermosa nai Galicia non podía acubillar a tódolos seus fillos e foi forzada a facer unha entrega en adopción ás novas repúblicas americanas. As novas nais recibiron aos adoptados coma se fosen fillos biolóxicos.
Pode alguén imaxinar a cara de sorpresa dos milleiros de emigrantes galegos que ao desembarcaren no peirao de Bos Aires fosen recibidos polos funcionarios de Migración cunha ringleira de preguntas do xeito de: 1) A ver gayego ¿te vas a portar bien?; 2) ¿A qué viniste?; 3) ¿Te comían los piojos gaita?; 4) ¿Tenés oficio?; 5) ¿Sós laburador.
Pero non foi así porque nin en Bos Aires nin en Montevideo facían estes interrogatorios senón algo así: ¿Fue jodido el viaje?; ¿Tenés acá algún familiar?; ¿Dejaste familia?; ¿Querés un consejo?; ¿Te hecho una mano?. Os nosos emigrantes que saben as que pasaron votarán en positivo, é dicir, que terán ben claro quen os ofende e quen os defende.

MANUEL SUÁREZ SUÁREZ

No hay comentarios: